Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#ELECCIÓNSMUNICIPAIS

Lolo Muíño: “Somos un goberno honrado, honesto e eficaz, e a xente sábeo”

Lolo Muíño afronta as súas cuartas eleccións, nun dos exemplos costeiros da potencia do BNG a nivel municipal. Cazámolo en plena campaña pedindo o voto casa por casa coas papeletas na man. Aproveitamos para ver como afronta estes novos comicios deste domingo 26 de maio de 2019.

Lolo Muino alcalde e candidato do BNG de Zas nas Eleccions Municipas 2019
Lolo Muíño, alcalde e candidato do BNG de Zas nas Eleccións Municipas 2019
Lolo Muíño: “Somos un goberno honrado, honesto e eficaz, e a xente sábeo”
  • QPC: Tras 3 lexistaturas no goberno, dúas con maioría absoluta, contades con volver gobernar en solitario?

Si, claro, contamos con revalidar os resultados ou como mínimo, gobernar con maioría, porque melloralos resultados de 2015 é moi moi difícil.

  • QPC: Apenas 3 candidaturas saen en Zas. De feito, é o único concello da Costa da Morte onde non existe a proposta socialista. Por que cres que acontece isto?

Hai que lembrar que hai 4 anos só había días candidaturas. E non hai PSOE porque cro que seguimos unha traxectoria, somos un goberno de esquerdas, e moitos votantes, e non só da esquerda, se sinten identificados coa nosa candidatura. Estas eleccións son case “persoais” e aglutinamos un gran espectro de xente que vén que facemos un goberno eficaz e honrado.

 

  • QPC: Cres que Alternativa Nova chegará a ter representación no pleno? Sería positivo para Zas?

A decisión é dos veciños, se o consideran, daranlla. Non sería nin positivo nin negativo, será o que os electores decidan e estará ben decidido.

 

  • QPC: Que che pareceu a oposición realizada polo PP nestes 4 anos?

A verdade é que foi unha oposición destrutiva, de liortas continuas, e sobre todo de denuncias, substituindo a política no pleno polo xulgado. Espero que os veciños tomen note e penalicen este tipo de comportamento.

 

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, nas que o BNG recuperou a liña ascendente tras moitos anos de retroceso, influirán nas do 26 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Non van influir para nada. Cada elección é diferente. Estas son completamente diferentes ao resto, considero que non teñen influencia. Zas é un concello rural, conservador, onde o PP soe gañar as eleccións, excepto as Municipais.

 

  • QPC: Que prazos hai para que o Tanatorio sexa unha realidade?

Deberían faltar menos dun mes para poñerse en funcionamento. Era unha importante aspiración veciñal, pero estamos falando dunha obra importantísima, de 400.000€ de orzamento, que é certo que por unha serie de problemas técnicos e administrativos, e sobre todo polas denuncia da oposición. De feito, o PP non votou a favor deste proxecto.

 

Pois xa iniciamos o proxecto de ocupacion, o primeiro paso, deste importante proxecto para todo o pobo de Baio e ante o que outra vez e a oposición tampouco votou a favor volvendo alegar que tiña que consultalo cos seus técnicos.

Houbo un retraso dun mes porque non lle puidemos facer a notificación oficial a un veciño afectado, e houbo que publicalo no BOP, pero esperamos que a finais de xuño xa estea para poder ocupar, e facer a contratación do proxecto que xa temos orzamento. Setembro ou outubro podería estar.

 

  • QPC: Cal é o proxecto estrella do voso programa?

O desenvolvemento do Polígono de Lamas, con medio millón de solo industrial. Unha proposta ambiciosa, para ir facendo por fase, para poder albergar novas empresas.

 

  • QPC: E o resto de liñas principais?

Unha liña continuista, baseada en ampliar a rede de traídas de auga municipal e a rede de saneamento, e manter en bo estado as infrastruturas diarias.

 

  • QPC: Que máis se pode facer dende o Concello para solventar o problema co pediatra?

Pouco máis podemos facer que apoiar a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría e apoiar todas as súas medidas que buscan recuperar un servizo básico para fixar poboación no rural. É incrible escoitar ao goberno da Xunta falar de facer realidade os servizos do rural se o único que fan é recortalos.

 

  • QPC: A túa lista está formada por Óscar Lema, Natalia Espasandín, Pilar García, Cristina Pardinas, José Manuel Brenlla, Germán Pérez, Patricia Fariña, Pablo Grille, Mónica Suárez e Antonio Ternande:
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

É unha lista de continuidade, onde se combina veteranía e experiencia con xuventude. Temos unha media de 40 e pico de anos, ideal para un proxecto de goberno.

 Lista do BNG de Zas

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Zas para que se decantase pola túa candidatura?

Levamos 12 anos gobernando, demostrando que temos cercanía cos veciños, e saben que somos un goberno honrado, honesto e eficaz.

 

Novas relacionadas

Comentarios