Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de corenta empresarios de Baio únense para reactivar a actividade comercial da vila

Máis de corenta empresarios de Baio únense para reactivar a actividade comercial da vila
Reunion dos Empresarios de Baio

Baio sempre foi un lugar con inquietudes e con moito movemento social, polo que os comerciantes, hosteleros e outros sectores, pretenden centralizar todas esas ideas para facer unha campaña promocional chamativa que lles axude a vencer esta longa tempada de crise.

Con ese motivo xuntáronse esta semana uns 40 empresarios de Baio. No encontro estiveron presentes representantes do comercio (alimentación, textil, calzado, dograría, perfumería, automóvil…etc..) da hostelería e mesmo outros sectores, coa intenció de potenciar o comercio e hosteleria e dinamizar o tecido empresarial da zona.

Esta reunión tiña como fin recoller varias ideas propostas polos participantes coas que se promocionen o comercio local incentivando aos veciños da contorna a que acodan a Baio a facer as súas compras, tal e como se facía antigamente por ser éste un punto de referencia.

Con estas campañas promocionais, que se desenvolverán ao longo da primavera, tamén se intentará estimular a feira de Baio. Para iso, contarán coa colaboración doutras organizacións asociativas da vila xa que “unidos facemos a forza”.

En abren as portas a todos os negocios de Baio que queiran sumarse ás actividades, para o cal poden poñerse en contacto con Javi Díaz.

Fonte

Comentarios