Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nastasia Zürcher trae a súa “Xira Íntima” a Torres do Allo

NastasiaZürcher_Música-Torres Allo
Nastasia Zürcher trae a súa “Xira Íntima” a Torres do Allo
O Concello de Zas xunto coa Deputación da Coruña continúan coa oferta cultural de verán en Torres do Allo. Neste caso o concerto de Nastasia Zúrcher, o 30 de xullo ás 19:00.

“Xira Íntima”, título do espectáculo que leva á cantante galego-suíza, galardoada cun premio Martín Códax da Música na categoría de "Blues, Funk, Soul" no 2016 e finalista no 2018 na categoría “World Music", a percorrer Galiza este verán, recala no xardín de Torres do Allo.

A entrada é de balde e o aforo limitado polo que é imprescindible a inscrición previa no enderezo electrónico: [email protected].
Todas as persoas que asistan como público poderán traer a súa propia manta ou toalla aínda que tamén haberá cadeiras á súa disposición.
A apertura de portas a partires das 17:00.

Comentarios