Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Nova edición das “Monografías do Allo” coa Historia e a Historia da Arte como temas centrais

  • O 30 de novembro pola tarde terá lugar no pazo máis antigo de Galicia un novo ciclo de conferencias da man de Carlos José Galbán Malagón e Miguel Ángel Cajigal Vera.
portada torres do allo evento monografias 2019
Nova edición das “Monografías do Allo” coa Historia e a Historia da Arte como temas centrais

O Concello de Zas, a través da Concellaría de Cultura, continúa coa súa aposta pola divulgación do Patrimonio cunha nova edición das “Monografías do Allo”. Nesta ocasión este ciclo de conferencias, de carácter anual e que se celebra por terceiro ano, terá lugar o vindeiro sábado 30 de novembro entre as 16:30 e as 18:30 horas.

A Historia e a Historia da Arte serán os temas centrais desta nova edición que nos chegarán da man de dous relatores ben coñecidos. “Dous conceptos, un mesmo uso. As Torres do Allo no seu contexto (S. XIV-XVII)” é o título do relatorio que nos ofrecerá Carlos José Galbán Malagón, Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona que centra a súa investigación na Idade Media en Galicia. A súa tese doutoral centrouse na Guerra dos Irmandiños.

Miguel Ángel Cajigal Vera, Licenciado en Hª da Arte pola Universidade de Santiago e tamén coñecido polos seus perfís sociais de Twitter e Youtube como “El Barroquista” falará sobre “O barroco e o pasado: intervencións barrocas na arquitectura doutras épocas”. Miguel Á. Cajigal alterna a súa faceta investigadora coa de divulgador onde se centra na divulgación artística e histórica. Tamén preside o Comité Científico da Vía Mariana.

Esta é unha actividade aberta a toda a veciñanza e a entrada é de balde.

Cartel monografias do allo 2019

Comentarios