Nova fin de semana de accidentes
08:57 29/02/16
Accidente en Baio-Foto-Oscar de Souto
Foi unha fin de semana xeada esta na Costa da Morte. Moitas estradas cubríronse de saraiba provocando varios accidentes, como o que tivo lugar, sen graves consecuencias, na AC-552 a altura da ITV de Baio, no Concello de Zas, o sábado arredor das 9:30h.
Liberada unha muller atrapada no interior do vehículo que conducía ao saírse da vía en Carballo
Os bombeiros de Carballo excarceraron esta mañá de luns 29 de febreiro, a unha muller que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía. O particular que, ao fío das 08:00 horas, chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicou que o turismo circulaba á altura da parroquia de Cances, na estrada que une Carballo e Malpica, e, tras saírse da vía chocou contra un muro e envorcou. Dende o CAE 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos efectivos do parque comarcal que, unha vez no lugar confirmaron que a condutora –xa liberada- quedara atrapada polo cinto do vehículo e estaba sendo atendida polos técnicos sanitarios. A intervención da Garda Civil de Tráfico e a dos membros de Protección Civil de Carballo tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia, así como, a do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).Excarcerada unha persoa nunha saída de vía en Santa Comba
Un accidente de tráfico no concello de Santa Comba saldouse cunha persoa excarcerada na noite do venres ao sábado. O CAE 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 00:45 horas desta madrugada. Foi un particular o que alertou que sufrira unha saída de vía. Decontado, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, que liberaron a unha persoa que quedara atrapada dentro do vehículo. Urxencias Médicas, tamén alertado polo persoal do 112 Galicia, trasladou á persoa ferida a un centro sanitario de referencia. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.Novas relacionadas
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- Unha colleita de sinaturas online por unha Ambulancia medicalizada na Costa da Morte.
Accidentes 2016-2015
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Outubro 2015: Fin de semana de accidentes nas estradas costeiras, mesmo cun falecido.
- Setembro 2015: Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión.
- Xuño 2015: Falece unha veciña de Lires nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Maio 2015: Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco.
- Abril 215: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- Redacción QPC ([email protected])