Luns. 14.06.2021
El tiempo

O banco sempre gaña

20171220-abanca-wallet-hd-600c119c
O banco sempre gaña

Unha historia que ten sempre a mesma fin, con gañador e perdedores. E coma sempre, os que perdemos somos os usuarios da banca.

Primeiro xorden as comisións que che “perdoan” si tes un ingreso mínimo, si fas o cartón de crédito que tamén debes usar “x” veces e si contratas seguros. E fanche eliminar o cartón de débito (porque esa cóbrancha igual) e sen querer querendo, obrigan a que fagas o cartón de crédito (coidado con eses cartóns, son perigosos).

Despois chegan os ERES, unha destrución de emprego por e para máis beneficio da banca. E xa non so iso, que no rural estamos a quedar sen sucursais ou teñen horario reducido. Pero non pasa nada, que resulta que chegaron a un acordo para abrir mini-sucursais-caixeiros nas zonas do rural onde non hai, pero gratis non!! Que o vamos a pagar nós!! Como que nós?? Si, si, resulta que para “evitar a exclusión financeira” das comarcas rurais, subscribiron un convenio coa Xunta. A banca recibirá un incentivo público (cartos dos impostos que nós pagamos) e os concellos, onde se instalen “estas mini-sucursais-caixeiros”, deben poñer a disposición da entidade bancaria un local de acceso público e acondicionalo para o caixeiro (todo isto cos nosos impostos). E isto sae nas noticias, como si se tratase dunha boa noticia.

Pois si vos parece pouco, agora que nos “obrigan” a usar o cartón bancario, resulta que nestes momentos, cando está a cousa máis difícil, suben as tarifas do TPV. Manda truco, e para isto da igual que teñas contratados mil e un servicio e contas nos bancos, porque agora que obrigan a xente a usar os cartóns, xa non tes nada que opinar nin falar. Comes as tarifas que che poñen e se non queres, pois peor para ti, quedas sen un servizo esencial, sobre todo hoxe en día. Pero para xustificarse, veñen e substitúen o TPV por un de última xeración que ata podes sacar fotos (xa me diredes para que?).

E xa non so é que suban as tarifas dos tpvs, é que non te avisan da subida. Compañ[email protected] autó[email protected], mirade, non vai ser que xa vos estén aplicando a subida.

Pois a miña paciencia chegou a un límite, xa está ben de tanto desangrar ó de sempre. E como a esperanza é o último que se perde, pois vai sendo hora de intentar buscar solucións e denunciar onde haxa que facelo.

Xa está ben que o banco sempre gañe, e non se perda nada por intentalo, pero e si intentamos cambiar o final e conseguimos un final feliz, ou un medio final feliz.

  • Tatiana Rellán. Rexenta a Parafarmacia Horizonte de Baio e é Socia da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.
 

Artigos relacionados

comentarios