Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP Labarta Pose gaña un premio por unha curta de animación en galego

O CEIP Labarta Pose gaña un premio por unha curta de animación en galego
O alumnado e o profesorado de 2º ciclo de educación infantil do CEIP Labarta Pose de Baio vén de gañar o 1º premio na modalidade de educación infantil da VII edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ convocada pola consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. "A mellor sopa do mundo" é o título da curta de animación en galego elaborada en stop-motion que conta unha fermosa e animada historia dos animais de Pedra Vixía narrada polos alumnos e alumnas do centro educativo. Nesta convocatoria tamén resultados premiados na categoría de 3º e 4º de primaria, os traballos elaborados no CEIP A Xunqueira de Pontevedra. Na modalidade de 1º e 2º de primaria, a seleccionada foi a curta “Coas mans baleiras” do CEIP de Ponzos, de Ferrol. Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As curtametraxes seleccionadas poden verse no Portal da lingua galega, así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia. "Nós tamén creamos!" é un programa de dinamización lingüística que desenvolven a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e a CRTVG en colaboración con OQOeditora. Curta A mellor sopa do mundo Fonte

Comentarios