Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O concello de Zas abre o prazo de inscrición na II mostra de teatro afeccionado

O concello de Zas abre o prazo de inscrición na II mostra de teatro afeccionado
Despois da boa acollida que tivo o ano pasado, o concello de Zas - a través da súa área de Cultura dixida por Manuel García - vén de publicar as bases da II Mostra de Teatro Afeccionado. "Esta mostra pretende ser unha cita anual coa que favorecer o teatro feito en Galicia e en galego", sinalan dende o concello. Todos os grupos e compañías de teatro afeccionados de calquera punto da comunidade que desexen participan teñen de prazo para inscribirse ata o vindeiro 1 de marzo. Os participantes poden presentar o número de obras que o desexen, das cales un xurado só seleccionará unha. Xunto coas fichas de inscrición pertinentes que se recollen na web do concello de Zas, cada grupo deberá presentar un vídeo do espectáculo completo, toda a documentación do grupo ou compañía (historia, redes sociais,...) e un mínimo de dúas fotografías da obra para a súa promoción. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, un xurado formado por Manuel García Velo - concelleiro de Cultura de Zas -; Ana Lucía Otero Ramos - animadora cultural do concello de Zas -; Ricardo Vigueret Gil, Alberto Villar López e Pablo Soto Videla, como representantes do grupo de teatro Badius, seleccionaran os cinco espectáculos e tres reservas que formarán a "II Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas". Representacións e premios As obras finalistas representaranse os días 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio que se repartirán entre os auditorios de Baio e o de Zas. O horario será sempre ás 21 horas. A entrega de premios terá lugar o 28 de maio. O concello de Zas repartirá 1500€ en premios que se distribuirán nun primeiro premio de 700€; un segundo premio de 500€; un terceiro premio de 300€. Tamén haberá un recoñecemento ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo e nun diploma acreditativo.   Novas relacionadas

Comentarios