Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Concello de Zas amplía a rede de abastecemento de auga en varios lugares

O Concello de Zas amplía a rede de abastecemento de auga en varios lugares
O Concello de Zas vén de rematar as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en O Pombal, na parroquia de O Allo, e Sandrexo, parroquia de Vilar, dous dos lugares afectados pola seca dos últimos meses. As obras consistiron na instalación dunha canalización que permitirá aos veciños e veciñas conectarse á rede xeral de subministro de auga potable, garantindo así o abastecemento a tódolos fogares. obras-canalizacion-auga2 Manuel Muiño visita as obras de canalización en Zas O Concello de Zas leva varios meses colaborando intensamente cos veciños e veciñas, enchendo os seus depósitos e as traídas privadas que se viron afectados pola intensa seca que está a padecer Galicia este ano. En opinión de Manuel Muiño, Alcalde de Zas, “Para o Goberno municipal o abastecemento de auga potable para todos os veciños e veciñas é unha prioridade”. O regedor engadíu ademais que o Concello ten en marcha varios proxectos para seguir ampliando a rede municipal de auga a outros núcleos de poboación das diferentes parroquias.
 

Comentarios