Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Zas inviste 70.000 euros na mellora da rede viaria mentras o PP critica a falta de gasto

O concello de Zas inviste 70.000 euros na mellora da rede viaria mentras o PP critica a falta de gasto
aglomerado-concello-zas Nos últimos meses o concello de Zas renovou o firme dos lugares de A Braña (Baio) e Langueirón (Meanos) Nos últimos meses, o concello de Zas renovou o o firme en varias vías do termo municipal nas que investiu un total de 70.890,16 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2017. Concretamente, os traballos desenvolvéronse nas parroquias de Meanos e de Baio. As melloras realizáronse nos núcelos de Langueirón (en Meanos) e de A Braña (en Baio) onde as obras consistiron na limpeza e apertura das cunetas, no fresado das  zonas onde foi necesario e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de groso que en total supoñen cerca de 7.600 metros cadrados. En ambos casos son obras demandadas pola veciñanza e que entran dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo concello de Zas. Ao longo deste ano, realizaranse máis melloras noutros viais municipais. Críticas do PP Por outra parte, o portavoz do Partido Popular de Zas, David Gómez, tachou onte ao alcalde, Manuel Muíño, de “incompetente” e de “vendedor de fume” despois de que o executivo local recoñecese que só executara no último exercicio un 15,63% do orzamento total destinado a investimentos. O popular, que cualificou a porcentaxe dunha “falta de respecto total” aos veciños, subliñou que a cifra vén confirmar o denunciado pola súa formación cando o goberno local presentou as contas para este ano. “Dixemos no seu momento que se trataba dun orzamento inflado, irreal e que incluía actuacións que non se ían a facer. Meses despois, hoxe, por desgraza para os veciños de Zas, confírmanse os nosos temores”, apuntou Gómez. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/zas-pon-a-punto-os-seus-espazos-publicos/ https://quepasanacosta.gal/zas-aumentou-un-24-o-seu-orzamento-dende-2015-gracias-ao-plan-unico-da-deputacion/ Fonte

Comentarios