Venres. 19.04.2024
El tiempo

O concello de Zas selecciona persoal para as dúas piscinas municipais

O concello de Zas selecciona persoal para as dúas piscinas municipais
piscina-zas O contrato de traballo é para os meses de xullo e agosto O concello de Zas vén de anunciar o proceso de selección para seis novos postos de traballo para os próximos meses de verán. Trátanse de distintos perfís que desempeñarán as súas funcións nas piscinas municipais de Zas e de Baio. Unha das bases é para a contratación temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio. As tarefas que desempeñarán serán as propias de seguridade, prevención e salvamento acuático ademais doutras funcións relacionadas con este posto de traballo. As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello de Zas a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/692. Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de cinco días hábiles, que comezarán a contar a partir de mañá martes, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso. Os/as aspirantes seleccionados/as serán contratados por obra ou servizo e a xornada completa durante os meses de xullo e agosto, coa posibilidade de ampliación ata o 15 de setembro en función da climatoloxía. Operarios de mantemento, limpeza e vixilancia Por outra parte, o Concello de Zas tamén acaba de publicar as bases para a contratación de 4 prazas de operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais de Zas e Baio. As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto (con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía) cun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo durante e de 20 horas semanais. Os/as interesados/as en participar teñen un prazo de catro días hábiles a contar a partir de mañá, martes, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición. As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello de Zas a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/693. Novas relacionadas Fonte

Comentarios