Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O concurso de fotografía das Torres do Allo xa ten gañadores

O concurso de fotografía das Torres do Allo xa ten gañadores
Despois dos máis de 1.900 votos recibidos a través das redes sociais das Torres do Allo, o II Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo” xa teñen gañadores. Estefanía Martínez, Supersirvi e Ana Ordóñez recibirán, respectivamente, o próximo sábado 29 de setembro o 1º, 2º e 3º premio nun acto que terá lugar ás 13:30 horas no pazo das Torres do Allo. Ademais do número de concursantes - que en total presentaron máis de 400 fotografías de alta calidade -, o concurso organizado polo concello de Zas tivo un alto nivel de participación nas redes sociais tendo un alcance de máis de 13.000 persoas. Un xurado, formado por profesionais, elixiou as dez imaxes finalitas das cales os usuarios de Facebook e Instagram escolleron tres.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-torres-do-allo-estrean-horario/ “As Torres do Allo baten un novo récord de visitantes” — Que pasa na costa “As Torres do Allo pechan a tempada de verán cun concerto” — Que pasa na costa “O concurso fotográfico das Torres do Allo recibe case 400 imaxes” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios