Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concurso fotográfico das Torres do Allo recibe case 400 imaxes

O concurso fotográfico das Torres do Allo recibe case 400 imaxes
torres-allo-martino-rivera A fotografía de Mariño Rivera foi a gañadora da I edición do Concurso de Fotografía co Móbil "Enfoque do Allo" Pecha - e con éxito - a II edición do Concurso de Fotografía co Móbil "Enfoques do Allo" impulsado pola concellería de Cultura de Zas. En total, presentáronse 390 imaxes de alta calidade pertendentes a 90 persoas diferentes, o que duplica a participación da primeira edición. Agora un xurado composto por referentes no mundo da fotografía e da comunicación - Jorge Parri, Andrea Rodríguez, Verónica Couto, Tania Carreira e Marcos Rodríguez -  elixirán as dez mellores instantáneas realizadas co móbil do monumento das Torres do Allo ou da súa contorna. Unha vez escollidas as imaxes finalistas, serán os usarios os que voten a través das redes sociais polas súas favoritas.

O prazo de votación popular nas redes sociais abrirase no momento da súa publicación dixital o 1 de setembro e as fotografías gañadoras serán aquelas que teñan un maior número de "gústame" sumando as interaccións do Facebook e Instagram. Serán tres imaxes as galardoadas que levarán como premio un trofeo e diploma, a fotografía impresa en gran formato, e unha dotación económica de 100, 75 e 50 euros respectivamente.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-torres-do-allo-recupera-o-mercado-de-san-ramon/

Fonte

Comentarios