Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES de Baio participa no programa Dragal

O IES de Baio participa no programa Dragal
Alumnado de 1º de ESO do IES Maximino Romero de Lema de Baio participará no vindeiro mes de maio nun obradoiro que se enmcarca dentro do proxecto Dragal; un programa interdisciplinario de dinamización lingüística, de animación á lectura, á creación e á investigación en galego. O proxecto Dragal, cuxa cuarta edición está en marcha en seis centros de ensino secundario das catro provincias galegas, é unha experiencia multimedia e multidisciplinar, con base na novela homónima de Elena Gallego Abad, pensada para animar o estudantado de 1º de ESO a ler, a crear e a investigar en galego. Tras a lectura da novela, o alumnado participante - dragaliños e dragaliñas da Fraternidade de Dragal- elaborou vídeos de presentación para o resto dos centros que interveñen no proxecto e decorou o seu instituto con motivos relacionados cos dragóns e cabaleiros de que se fala na narración de referencia. https://youtu.be/dAANcvo8zRI En xaneiro e febreiro, o estudantado recibiu a visita da escritora Elena Gallego, que lle falou do labor de investigación e de documentación previa que require a escrita dunha novela, das razóns que a moveron a escoller a temática dos dragóns para a súa triloxía Dragal e da análise dos elementos da cultura galega nas que estes seres fantásticos están presentes. Tradición 2.0 Ademais dos obradoiros de toponimia, tamén se densevolve a actividade Tradición 2.0., a cargo do actor César Cambeiro. Trátase dun espectáculo de contacontos en clave de humor que recrea lendas tradicionais co obxectivo de poñer en valor o patrimonio inmaterial galego e de motivar o alumnado a indagar no mundo máxico que lles abriu as portas a través da novela “Dragal”. Está previsto rematar as actividades do proxecto en xuño cun xogo de rol no Pico Sacro, lugar lendario cun importante papel na novela de Elena Gallego, onde se encontrarán todos os dragaliños e dragaliñas que participaron este ano nas actividades.   Fonte  

Comentarios