Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Mes das Letras arrinca en Zas cun cargado programa cultural

O Mes das Letras arrinca en Zas cun cargado programa cultural
Un ano máis, o Concello de Zas conmemora as Letras Galegas cun completo programa cultural que se extende a todo o mes de maio. Bautizado como "Maio, Mes das Letras 2018" este programa, artellado pola Concellería de Cultura, desenvolverase nos distintos centros educativos do concello, nas bibliotecas municipais e nos auditorios de Baio e de Zas nos que a música, o teatro, a lectura e a creatividade son os ingredintes principais. A primeira das actividades nos centros educativos arincou hoxe no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose de Baio. “Polo correo do vento. Mª Victoria Moreno, unha historia de amor” é o nome do obradoiro creativo no que participarán o alumnado destes centros educativos. Na programación tamén se inclúen as sesións de contacontos infantil que ofrece a compañía Trinke Trinke Teatro. Este mes, traen o espectáculo “Traballiños de Verán” dirixido aos máis pequenos e que representarán o 8 de maio na Biblioteca Municipal de Zas e o 22 de maio na Axencia de Lectura de Baio. Nos dous casos, o evento comeza ás 18:00 horas. O 15 de maio é outro dos días fortes do programa “Maio. Mes das Letras 2018”. As 11:00 horas o alumnado do CPI de Zas terá unha sesión musical da man de Oviravai. Un pouco máis tarde, as 12:45 horas, é o turno dos alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema que teñen a ocasión de ver a obra de teatro “Mensaxe do Mar”, de Fantoches Baj. Xa o 23 maio, Pakolas - Paco Cerdeira – desprazarase as 13:00 horas ao CEIP Labarta Pose de Baio para ofrecer o seu concerto musical “As parábolas de Pakolas”. X Concurso de Marcapáxinas O Concello de Zas, a través das súas bibliotecas municipais, convocan por décimo ano o Concurso de Marcapáxinas sumándose desta forma aos actos de homenaxe á escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018. Esta é a temática a tratar nos traballos que se deben de presentar ata o mércores 16 de maio. No concurso poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros escolares do Concello de Zas habendo tres categorías: A (ata os 5 anos), B (de 1º a 5º de Primaria) e C (de 6º de Primaria a 4º da ESO). Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un. Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2019. As bases do X Concurso de Marcapáxinas poden consultarse na páxina web do Concello de Zas. III Mostra de Teatro Dentro da programación “Maio, mes das letras 2018” tamén se enmarca a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa está en marcha. Así, durante este mes continúan as representacións das obras finalistas. A próxima será este sábado, día 5, no Auditorio de Zas coa obra “Mass co-medias” do grupo Os Kabramakabra, de Rianxo. A función, aberta para todos os públicos, comeza ás 21:00 horas. As representacións continuarán o 12 de maio (cun drama para maiores de 12 anos) e o 19 de maio (cunha obra dirixida ao público infantil). As actividades de “Maio. Mes das Letras 2018” pecharanse o 27 de maio no Auditorio de Baio coa entrega de premios da III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” e coa clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil. Novas relacionadas Fonte

Comentarios