Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas

O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas
Centro-de-SAude-de-Zas Dende esta semana o especialista en medicina interna presta asistencia en días alternos en Zas e en Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas Non é a primeira vez que os centros de saúde da Costa da Morte teñen problemas co servicio de pediatría. E menos os de Baio e Zas que vén como nos últimos meses a calidade do servizo está baixando considerablemente. Despois de que no pasado mes de xaneiro o posto quedase as familias atópanse agora con outro problema. Así, dende esta semana o especialista en medicina infantil presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas cando ata o de agora o facía de 08:00 a 15:00 horas. “Descoñecemos os motivos polos que se recortan 20 horas na atención de pediatría” sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen espera obter esta mesma semana unha resposta do Sergas sobre os motivos desta redución así como a duración da mesma. “Queremos saber por que se fixo esta redución de horas neste servizo así como saber se é unha medida puntual ou definitiva”, indica Muíño. Urxencias A situación agrávase nas horas nas que non está dispoñible o servizo de pediatría en Zas xa que as familias vense obrigadas a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar calquera problema propio da atención primaria. Ademais esta situación causa un dobre malestar entre as familias xa que “se teñen que ir ao PAC de Vimianzo enredan polo menos unha hora cando da outra forma poderían solucionalo en dez minutos o que en moitas ocasións lles obriga botar man dos avós ou de terceiras persoas”, sinala o alcalde. Manuel Muíño esixe que por parte da Xunta, que é a administración competente en materia sanitaria, se adopten as medidas precisas para que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen. Reclamacións Son varios os pais e nais que decidiron tomar cartas no asunto e decidiron presentar reclamacións ante o Sergas. "Se seguimos así chegará o momento en que nos quiten o servizo de pediatría", sinala unha das nais afectadas.

Novas relacionada

Fonte

 

Comentarios