Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os estudantes de Zas optan a becas e o Concello abre a contratación dun técnico de patrimonio

Os estudantes de Zas optan a becas e o Concello abre a contratación dun técnico de patrimonio
torres-allo-zas Imaxe dunha ruta guiada polos Pazos Barrocos de Zas

Dúas novidades no Concello de Zas. Por unha banda, o Concello de Zas pon en valor a “ruta dos pazos barrocos” coa contratación de persoal técnico en patrimonio. Para iso abre o proceso de contratación, durante 4 días hábiles dende este mesmo luns 3 de decembro, para presentarse á praza de técnico/a a xornada completa durante tres meses.

A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición e o contrato terá unha duración de tres meses e a xornada completa. O Concello de Zas dispón para a prestación deste servizo dunha axuda da Deputación da Coruña dentro do Programa de subvención a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación durante o ano 2018.

Ademais, o Concello de Zas abre o prazo, ata o 14 de decembro, de solicitudes de axudas para estudantes. Destinará 29.100 euros repartidos en 180 bolsas económicas, que van dende dende os 120 euros por estudante até os 360 euros, destinadas ao alumnado empadroado no municipio e escolarizados en ensinanza primaria e secundaria, bacharelato, ciclos formativos e en estudos de grao medio e superior.

O obxectivo desta convocatoria é a integración socio-laboral dos pais, nais, titores ou acolledoresmediante o apoio ás familias que non poden afrontar o custo dos estudos. Os beneficiarios das axudas, que son compatibles con calquera outra que reciban por este concepto, son as familias do concello con menores recursos económicos.

Novas relacionadas

Comentarios