Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Fouciño seguen esperando as achegas audiovisuais de estudantes e público en xeral

Os Fouciño seguen esperando as achegas audiovisuais de estudantes e público en xeral
Premios Fouciño de Baio 2018 Durante todo o mes de maio continúa aberto o prazo para presentar os traballos para o III concurso de curtametraxes dos Premios Fouciño, organizados polo Concello de Zas xunto cun grupo de mozos e mozas da vila. A participación divídese en dúas categorías; unha para centros de ensino e outra aberta para o público en xeral. A temática das pezas, en calquera das dúas categorías, é libre e as curtas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou estar subtituladas en galego. Todas as pezas que se presenten dentro da categoría de centros de ensino, sempre e cando cumpran cos requisitos establecidos, pasarán á fase final e na categoría aberta seleccionase dez curtametraxes finalistas xunto con outras tres de reserva. Entre todas as curtametraxes que pasen á fase final, o xurado - composto por representantes do Concello de Zas, profesionais do panorama audiovisual e cultural galego e membros de distintas asociacións da Costa da Morte – premiará con 700€ e un agasallo conmemorativo a mellor curta dentro da categoría aberta e con 300€ e un agasallo conmemorativo o mellor traballo da categoría dos centros de ensino. O público tamén escollerá a mellor curta de entre todas as que pasen á final que se premiará cun agasallo conemmorativo da III edición deste certame. As bases dos Premios Fouciño poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.

Festival

A entrega de premios terá lugar en Baio o vindeiro 30 de xuño. A semana previa proxectaranse documentais e organizaranse distintos talleres. Xa o propio día do certame haberá distintas actividades entre as que se inclúe o visionado das curtas finalistas no concurso e festival no que grupos como Igmig e MounQup, entre outros, poñerán o broche final a esta terceira edición dos Premios Fouciño de Baio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios