Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Premios Fouciño ofertan un obradoiro para nenos e outro para adultos

Os Premios Fouciño ofertan un obradoiro para nenos e outro para adultos
Xa está aí o día grande dos Premios Fouciño. A cita será o día 30 de xuño en Baio cun completo programa de actividades. Unha mesa redonda, a proxección das curtas participantes no concurso, a entrega de premios e un festival ao aire libre serán as principais actividades deste día grande do audiovisual galego. Pero tamén haberá tempo para poñer en acción a creatividade con dous obradoiros gratuítos e abertos  toda a veciñanza. Ao igual que nas dúas anteriores edicións, este ano realizarase novamente un obradoiro de cinema dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Neste taller, que será entre as 12:00 e as 14:00 horas do 30 de xuño, os participantes coñecerán algunhas das técnicas empregadas no audiovisual e incluso terán tempo para crear entre todos unha curta. E xa pola tarde, será o turno dos maiores de 55 anos que poderán participar nun obradoiro no que aprenderán a manexar a cámara do teléfono móbil e a sacarlle un maior rendemento ao seu dispositivo móbil. O obradoiro será o sábado 30 de xuño ás 17:00 horas e para asistir é necesario levar un "smartphone" ou un teléfono móbil con cámara. Inscricións Para participar en calquera dos dous obradoiros é necesario inscribirse previamente no centro sociocultural de Zas ou ben chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]. O último día para anotarse é o venres 29 de xuño. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios