Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha exposición para entender a valía de 17 mulleres da historia galega dende o IES Maximino Romero de Lema

Unha exposición para entender a valía de 17 mulleres da historia galega dende o IES Maximino Romero de Lema

Aínda se oen os ecos do 8M nos centros da ensino da comarca, como o comprobramos coa exposición Mulleres Galegas na Historia que chega ao IES Maximino Romero de Lema da man da Deputación Provincial de Pontevedra.

A exposición, que permanecerá desde o 8 de marzo ata o 26 de marzo, permite “desfacer as persistentes olladas con prexuízos, estereotipadas, ou reducionistas que aínda envolven ás mulleres neste século XXI”.

Son paneis informativos de 17 mulleres que tecen ademais unha ponte simbólica co 17 de maio, pasando de nomes como a xa recoñecida Rosalía de Castro, pasando por nomes como María Casares, Ernestina Otero, ata Xela Arias, a homenaxeada deste ano 2021 polas Letras Galegas.

”Só co coñecemento e coa pedagoxía crítica seremos quen de coñecer o valoroso quefacer das 17 mulleres que nos presentan os dez paneis que compoñen a Exposición. Moitas aínda merecen estudos rigorosos ao mesmo tempo que divulgativos para a que a sociedade galega as coñeza”, recoñecen dende o centro.

Máis información

Comentarios