Venres. 19.04.2024
El tiempo

PR-G 250: A Ruta da Auga xa é un roteiro de sendeirismo homologado

Muino da Ponte na Ponte do Sisto na Ruta da Auga de Zas
Muíño da Ponte, na Ponte do Sisto, na Ruta da Auga de Zas
PR-G 250: A Ruta da Auga xa é un roteiro de sendeirismo homologado

O Camiño dos Faros non, pero a Ruta da Auga (que xa tempos percorrido visitanto a Fervenza de Budián, a Fervenza de Parga e a Fervenza do Rabiñoso) xa ten o certificado como Ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo. Co número PR-G 250, garántanse uns requisitos calidade e coa que se suma á rede de sendeiros homologados da comunidade.

Esta é unha ruta de 10 quilómetros de percorrido circular de dificultade media que discorre pola parroquia de Gándara, que conta cunha gran cantidade de muíños, pontellas, cabazos mámoas, castros e abellerizas e as tres fervenzas .

Ruta da Auga polo Rio Rabinoso en Zas

Novas relacionadas

Comentarios