Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Zas critica que o goberno aprobe dúas novas dedicacións parciais “neste complicado momento”

Pleno do Concello de Zas
Imaxe dun Pleno do Concello de Zas co alcalde, Lolo Muíño, á esquerda, e o voceiro do PP, David Gómez, á dereita
O PP de Zas critica que o goberno aprobe dúas novas dedicacións parciais “neste complicado momento”

O pleno celebrado o pasado venres en Zas, serviu para que o grupo de goberno aprobase dúas dúas novas dedicacións parciais de 25.122 e 16.755 euros, para Óscar Lema (primeiro teniende de alcalde, que parece que nunca marchou da política como anunciara hai pouco máis dun ano) e Jose Brenlla (a nova incorporación desta candidatura como terceiro teniente alcalde).

Unha decisión que vén de provocar as críticas do voceiro do PP. David Gómez considera que non é o momento para aprobar un gasto de 42.000€ ao ano “en plena pandemia”, e lembra que “dende o mes de maio o Concello de Zas funcionou sen tener que botar man dun gasto extra como este”.
“Ocórrensenos infinidade de axudas para autónomos, empresas e hostaleiros que se poderían pagar con estes máis de 41.000 euros ao mes que o rexedor destinará para pagar o seu equipo de goberno”, lamentou o popular. “É o momento de arrimar o ombreiro entre todos, de buscar solucións aos problemas da xente e de destinar todos os recursos dispoñibles a financiar plans de axuda”, dixo.

Comentarios