Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recollidas sete toneladas de plásticos agrícolas na campaña porta a porta de Zas

Recollidas sete toneladas de plásticos agrícolas na campaña porta a porta de Zas
recollida-plasticos-agricolas Os plásticos trasládanse a planta de reciclaxe para transformarse en materia para a fabricación de bolsas de lixo ou polietileno Un total de 6.830 quilos de plásticos agrícolas pasarán a ter unha segunda vida grazas ao programa continuo de recollida que ten en marcha o concello de Zas. Estes datos correspóndense coa última recollida porta a porta levada a cabo nos últimos tres meses e entre os que se atopan principalmente lonas de silo, bidóns e outros envases de uso agrícola e/ou gandeiro. Este é un servizo gratuíto que se realiza en todas as parroquias do municipio ao longo de todo o ano. Ademais de ser un aforro nos gastos de xestión dos residuos sólidos urbanos, con esta campaña evítanse vertedoiros e/ou incineracións incontroladas e contribúese á protección do medio ambiente. O servizo está especialmente dirixido a gandeiros e agricultores. Para facer uso del deberán  poñerse en contacto co concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 onde se lle indicará o lugar no que deben depositar os refugallos o máis limpos posibles e atados de maneira que facilite a súa recollida. Os refugallos plásticos trasladaranse até a planta de tratamento onde se someterán a un proceso de reciclaxe do que se obterá materia prima para a fabricación de bolsas de lixo ou polietileno. “Esta é unha iniciativa ambiental máis que contribúe a manter limpo o noso concello e a xestionar dun xeito correcto este tipo de refugallos que supoñen un problema para a maior parte dos gandeiros e agricultores”, sinala o alcalde de Zas; Manuel Muíño Espasandín. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios