Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño

Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño
santi-romay-actor-malpica Santi Romay estará por Baio o próximo 30 de xuño no marco do festival dos Premios Fouciño Na mente da maioría dos galegos sigue sendo Fito, aquel rapaz de Malpica que saltou á pantalla da televisión con tan só 15 anos como un dos actores da serie Mareas Vivas. Así que o próximo 30 de xuño, cando visite Baio, seguro que máis dun recoñecerá a Santi Romay. Alí estará como padriño da III edición dos Premios Fouciño xa que este ano recae nel ese papel. [fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/2166266713388623/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Ese será o día no que se proxectarán as curtas finalistas, no que haberá unha mesa redonda ao redor do sector audiovisual, obradoiros, concertos ao aire libre e unha entrega de premios na que participará Santi Romay. Dende o seu debut en Mareas Vivas, o malpicán non parou de sumar éxitos dentro dos distintos ámbitos do sector audiovisual. Vímolo en series como As leis de Celavella, Hospital Central, A miña sogra e máis, Somos unha potenzia, entre outras, e tamén no cine en filmes como Por mi y por todos mis compañeros, Go’el e O tesouro. Santi Romay é o protagonista de “O tolleito de Inishmaan”, unha obra de teatro dirixida por Candido Pazó e obtivo recoñecidos premios, entre ele o premio ao Mellor Actor Protagonista dos XXl Premios de Teatro María Casares. Como xa recollemos no seu día, é fácil ver a Santi en todos os "fregaos" así que suma ás súas costas un máis. Curtas Mentras o día do certame non chega, o Concello de Zas - organizador do evento - mantén aberto ata o 31 de maio o prazo de presentación das curtametraxes. A participación divídese en dúas categorías; unha para centros de ensino e outra aberta para o público en xeral. En calquera dos dous casos a temática é libre e as pezas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou posuír os subtítulos en galego. As bases poden consultarse na páxina web municipal. Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas. En total, repartiranse 1.000 euros en premios; dos cales, 300€ son para a categoría dos centros de ensino e 700€ para a categoría aberta.

Novas relacionadas

Fonte

       

Comentarios