Venres. 22.11.2019
El tiempo

Unha semana para que comece unha nova edición da Feirauto

Unha semana para que comece unha nova edición da Feirauto

Baio xa case está listo para a 44 edición de Feirauto que terá lugar os días 20, 21 e 22 de setembro. A vila zaseira converterase, unha vez máis, na capital do automóbil, nesta nova proposta da Asociación do Automóbil de Baio en colaboración coa FECOM, co Concello de Zas e coa Deputación de A Coruña.

Durante eses días, os talleres da vila (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóviles Celmar) abrirán as súas portas nun horario especial - de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas -, cunha gran cantidade de vehículos de ocasión de distintas marcas, con descontos especiais e ventasoxas condicións de compra.

Vehículos de km0, seminovos, industriais, todoterreos, familiares, SUV, deportivos,… serán algúns dos modelos que máis predominarán.

Ao igual que na pasada edición, na que s venderon 26 vehículos e se abriron outras tantas operacións de venda, haberá un sorteo entre todos as persoas que se acheguen a calquera dos concesionarios que participan en Feirauto. Cada visitante recibirá unha rifa coa que entrará no sorteo dun vale de combustible por valor de 50€ que poderá canxear na Estación de Servizo Cepsa de Baio. En total, sortearanse seis vales o que supón un total de 300€ en combustible. Os números premiados publicaranse na páxina de Facebook de Feirauto así como todas as novidades do sector.

Novas relacionadas

Comentarios