Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sés e Benedicta, dúas loitadoras para seguir aprendendo “ao son delas”

Sés e Benedicta, dúas loitadoras para seguir aprendendo “ao son delas”

Impresionante o ciclo ”Ao son delas”, xestionado polo alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Un ciclo de encontros entre artistas galegas e mulleres da comarca, que nace coa intención de sementar cultura e activismo feminista, e que forma parte dun proxecto máis amplo de Centro denominado "Feminino Plural".

A seguinte cita, aberta a toda a comunidade, celebrarase este luns 19 de febreiro a partir das 16:30 na cafetería do centro, “readmirando a condición” de María Xosé Silvar (SES) e Benedicta Tomé para xantar, parolar e rematar escoitando un concerto de Sés (aberto a toda a comunidade educativa) presentando o seu novo traballo discográfico.

Benedicta Tomé é unha labrega- pandereteira do Couto de Muíño en Zas) e Sés, é a máis que coñecida artista e activista da música de Bergantiños. O nexo en común destas dúas mulleres -que non se coñecen entre sí- é a súa paixón pola terra e a súa identidade musical. Dúas loitadoras que fan xirar o mundo coa súa enerxía e que, de seguro, engaiolarán ao público coas súas vivencias.

Poderíamos dicir que a aldea de Muíño é un dos epicentros sonoros máis importantes para a difusión da música tradicional galega, posto que das súas fontes de sabiduría popular beberon e beben moitas artistas galegas. O luns xuntarán tradición e modernidade nun tándem para “aprender cuestionando o saber popular”, porque como dí María Xosé Silvar: “Eu nacín onde nacín e teño orgullo e máis ben. Que non pode amar o alleo quen non estima o que ten”.

O programa continuará readmirando a condición os vindeiros meses con A banda da Loba e as regueifeiras Alba María e Lupe Branco, entre outras.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios