Venres. 19.04.2024
El tiempo

Suman e seguen as visitas nas Torres do Allo

Suman e seguen as visitas nas Torres do Allo
visitar-torres-do-allo-zas O pasado mes de maio máis de 200 alumnos e alumnas participaron no programa educativo que se desenvolve no pazo de Zas Un novo programa educativo e a celebración do día do xogo foron os dous dos principais motivos que fixeron que as Torres do Allo batesen marcas durante o pasado mes de maio. Un total de 700 persoas visitaron o mes pasado o pazo máis antigo de Galicia o que supón un incremento de máis do 70% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. No que vai de ano visitaron xa as Torres do Allo máis de 2.100 persoas. Un incremento que segundo sinalan dende o concello de Zas, encargado da dinamización do espazo, é "certamente espectacular respecto do 2017" no que se rexistrou un acumulado de 1.637 persoas; e aínda máis con respecto do 2016, no que o acumulado era de 765 persoas. Polo tanto falamos dun incremento acumulado do 30% e do 177% respectivamente.

A estes datos contribúe significativamente o comezo das actividades didácticas dirixidas á comunidade escolar dentro do programa educativo das Torres do Allo. Foron máis de douscentos alumnos e alumnas de diversas idades xs que recalaron no Allo para facer a visita guiada didáctica e algún dos seus obradoiros, notablemente a Xincana do Allo, un xogo de probas a través do cal coñecen a historia do pazo e da súa contorna.

Tamén os grupos organizados escollen cada vez con máis frecuencia e antelación este destino turístico-cultural como parte do seu itinerario programado. Así, 191 persoas achegáronse a este monumento do concello de Zas para visitalo en grupo, entre elas as pertencentes ao intercambio Regueifesta, e a senda inclusiva Camiño Sen Límites, entre outros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios