Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os tractores poden ir pola VG-1.5 mentres duren as obras da ponte de Baio

estrada vg15
Os tractores poden ir pola VG-1.5 mentres duren as obras da ponte de Baio

Continúan as obras na Ponte de Baio, quedando pechado o paso para tractores pola AC-552. De aí que a Xunta teña que tomar novas medidas, como é a apertura do corredor. Así, os vehículos agrícolas que traballen na campaña de ensilado do millo poderán circular a partir do 16 de setembro pola vía VG-1.5, entre os puntos quilométricos 60+100 e 62+650.

A circulación por este tramo alternativo será unicamente en horario diurno e cumprindo en todo o momento as normas de circulación deste tipo de vehículos.

+RIAL DAS OBRAS DA PONTE DE BAIO

Comentarios