Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Tras varios anos de xestión, a Deputación da Coruña mellorará unha das vías de máis tránsito de Baio

Tras varios anos de xestión, a Deputación da Coruña mellorará unha das vías de máis tránsito de Baio
estrada-baio-pequeno O treito pasará a ser unha travesía con carrís de circulación de 3 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros O concello de Zas vén de mostrar a súa satisfacción polo investimento que realizará a Deputación da Coruña nunha das vías máis transitadas do municipio. Trátase da estrada DP 9301 ao seu paso por Baio Pequeno, unha vella demanda veciñal, está un pouco máis próxima despois da adxudicación dos traballos á empresa Copcisa por parte da Deputación da Coruña, que realizará un investimento de 551.302,75 euros na mellora da seguridade viaria ao longo de 1.320 metros da vía. “É un investimento importante tanto para a vila de Baio como para o Concello de Zas e, desde logo, un motivo máis de satisfacción para o noso goberno que leva anos xestionando esta mellora”, manifesta o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. A execución da obra dará resposta ás numerosas e intensas xestións que vén realizando o goberno municipal do BNG para garantir a seguridade nunha zona con moito tránsito, tanto peonil como rodado, xa que nas marxes desta estrada de titularidade provincial atópanse edificios como o CEIP Labarta Pose, o centro de saúde de Baio e a igrexa. Para o goberno municipal resultaba imprescindible mellorar as condicións da vía, pero, sobre todo, a accesibilidade e a seguridade das persoas usuarias. Neste sentido, Manuel Muíño quere expresar publicamente o seu agradecemento aos propietarios dos terreos. estrada-baio-pequeno2 Ao carón desta vía, ubícanse edificios moi concorridos tales como o CEIP Labarta Pose, o centro de saúde e a igrexa Tras as obras, o treito de Baio Pequeno quedará configurado como unha travesía con carrís de circulación de 3 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros, tamén na marxe dereita da calzada, onde agora non existen (tramo de Baio Pequeno, entre os puntos quilométricos 0+750 e 1+000), e onde resultou fundamental a colaboración da propiedade do solo para poder levar o proxecto a bo porto. Os traballos inclúen a dotación dunha nova rede de pluviais, mellorando tamén deste xeito os servizos urbanísticos, e dunha nova capa de rodaxe para a calzada. Novas relacionadas Fonte

Comentarios