Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Últimos días para inscribirse na III Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Últimos días para inscribirse na III Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose
III_Mostra_Teatro_Afeccionado_Zas Cos Premios Fouciño tamén en marcha, o Concello de Zas, que se converténdose nun núcleo de atracción cultural, ultima os preparativos para a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” (nome incluído esta edición para conmemorar a figura do escritor baiés). De feito, o vindeiro xoves, 1 de marzo, remata o prazo de inscrición polo que o Concello fai un chamamento a eses grupos ou compañías (ou persoas naturais ou xurídicas tanto públicas como privadas, algo que é novidade) que queiran presentarse. Para participar é necesario anotarse presentando a documentación pertinente así como os anexos que acompañan ás Bases debidamente cumprimentadas. As obras seleccionadas representaranse os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio distribuídas entre o auditorio do Pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello. A entrega de premios terá lugar o domingo 27 de maio.

Premios

Nesta terceira edición da mostra de teatro tamén son novidade os premios xa o que o Concello de Zas destina 2.500€ que distribuirá entre cada unha das cinco obras finalistas as cales recibirán 500€. Tamén haberá premio para a mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo), premio ao mellor actor e á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo) e premio á mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo). As bases pódense consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace (www.concellodezas.org). Novas relacionadas Fonte

Comentarios