Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha baiesa crea a primeira caixa de suscrición de arte, formación e libros realizados por mulleres

Unha baiesa crea a primeira caixa de suscrición de arte, formación e libros realizados por mulleres
caja-propia A iniciativa está impulsada a través da Escola de feminismos alternativos PeriFéricas "Una caja propia" é o nome da iniciativa que vén de poñer en marcha unha emprendedora natural de Baio (Zas). O proxecto nace coa idea de darlle un xiro ás tradicionais caixas de suscrición para mulleres centradas unicamente en moda e beleza. Así, as suscritoras de "Una caja propia" recibirán cada dous meses libros, artesanía, productos gourmet, arte e acceso a formación exclusiva. Calquera dos productos que se ofrecen están feitos por mulleres. Desta forma, as clientas beneficiaranse do acceso a contidos exclusivos e a artigos orixinais e as súas creadoras terán máis visibilidade e chegarán así a novos públicos. Cada unha das caixas inclúe entre 3 e 4 productos que se agruparán ao redor dun tema en común, como poden ser coidados naturais, cánones de beleza, viaxes en feminino,... polo que no interior da caixa pódense incluír dende libros ata ilustracións, alimentos, música,... Cada unha das modalidades - caixa única, suscrición de 6 meses e suscrición anual - está bautizada con nomes femininos claves da historia: Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán respectivamente. A finalidade de todas elas é, por un lado, apoiar o empredemento feminino e, por outro, ofrecer unha opción de caixa de suscrición diferente. A iniciativa está impulsada pola Escola de feminismos alternativos PeriFéricas. Como oferta de lanzamento (só dispoñible ata o 17 de xuño) ofrécese unha caixa única por 19,95€ ademais doutros descontos e regalos noutras modalidades de suscrición. Novas relacionadas Fonte

Comentarios