Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha incrible viaxe naturalista dende as Torres do Allo

Unha incrible viaxe naturalista dende as Torres do Allo
Exposición de Victor Lopez Seoane nas Torres do Allo 2 Xa está aberta a Exposición de Victor Lopez Seoane nas Torres do Allo

Espectacular é a viaxe natural pola exposición que acollen as Torres do Allo ata o 18 de novembro. "Seoane: o naturalista das Torres do Allo” é unha exposición sen precedentes, onde podemos descubrir a figura e obra do científico galego máis importante do S.XIX, que fixo do pazo do Allo un dos centros científicos de referencia a nivel europeo.

Durante a primeira fin de semana da exposición, xa foron máis dun centro de visitantes os que se achegaron a ver pezas únicas de máis de 100 anos de antigüidade, como manuscritos ou animais disecados polo propio zaseiro Víctor López Seoane, o maior científico galego do S.XIX.

Unha visita, de balde, singular, que non deixa a ninguén indiferente, que demostra o amor polo eido natural deste ilustre veciño con P na exposición “Seoane: o naturalista das Torres do Allo”.

Vibora que leva o nome de Seoane Víbora que leva o nome de Seoane Coleccion de bolboretas de VL Seoane Colección de bolboretas de VL Seoane Inauguracion da Exposicion Victor Lopez Seoane Imaxe da onauguración da Exposición Victor Lopez Seoane

A maiores pódese disfrutar da programación habitual:

  • Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
  • O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa). Un divertido día en familia onde descubrir os lugares máis máxicos do pazo do Allo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/zas-redescubre-cunha-exposicion-o-valor-historico-do-naturalista-victor-lopez-seoane/

Comentarios