Martes. 19.03.2024
El tiempo

Este venres reabrirase un carril na ponte de Baio

Ponte Baio (6)
Este venres reabrirase un carril na ponte de Baio

Non será tan longo o retraso na reapertura dun carril na ponte de Baio. Malia que a semana pasada a Xunta apuntaba ao 16 agosto como data para reabrir o tráfico, hoxe sinalan que este venres, a última hora da tarde, xa se poderá circular entre Baio e A Piroga.

Hoxe mércores, efectuarase o formigonado e o xoves colocaranse as barreiras e os semáforos para poder abrir un carril o venres a última hora da tarde. A intervención, unha vez colocadas as tubaxes en sentido Baio e Vimianzo, céntrase estes días no taboleiro da ponte para pavimentala

En calquera caso, A finais de setembro será preciso un novo corte de tráfico para estender o formigón nos apoios e dispoñer as novas lousas que permitirán a ampliación da ponte.

Complicacións

Cómpre lembrar que co inicio dos traballos se comprobou que a antiga beirarrúa estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte e que, unha vez eliminado o firme, viuse que as súas dimensións eran maiores das previstas inicialmente. Isto obrigou a realizar demolicións de maior alcance que as planificadas, sempre tendo o coidado de non danar a estrutura.

Ademais, tamén se observaron dificultades para levar a condución de abastecemento polo lugar que estaba previsto inicialmente, xa que a fábrica da ponte (o interior do arco) non é regular. Para salvar esta dificultade, vaise elevar lixeiramente a plataforma da ponte, para pasar as conducións de abastecemento e eliminar, como estaba previsto, as conducións que discorrían ata agora pola parte exterior.

ARTIGOS RELACIONADOS

HISTORIAL DAS OBRAS DA PONTE DE BAIO

 

Comentarios