Venres. 26.04.2024
El tiempo

Volve un ‘Día nas Torres do Allo’: xornada de lecer para os máis cativos da casa

A actividade, organizada polo Concello de Zas, terá lugar este mércores, 14 de agosto, entre as 10:00 a 14:00 horas
Volve un ‘Día nas Torres do Allo’: xornada de lecer para os máis cativos da casa

As actividades estivais promovidas polo Concello de Zas continúan neste mes de agosto. Despois dunha intensa Semana Cultural repleta de eventos para todos os públicos, retómase a programación de verán deseñada polo Departamento de Cultura do Concello de Zas que volve con moitas datas destinadas especialmente aos máis novos da casa.

Unha destas citas terá como escenario un dos espazos máis emblemáticos do noso municipio: As Torres do Allo, cunha actividade que repetimos pola boa acollida que tivo o ano pasado e que bautizamos entón co nome “Un día nas Torres Allo”. Será unha xornada de lecer dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos que terá lugar este mércores 14 de agosto, entre as 10:00 e as 14:00 horas.  A actividade é de balde e baixo previa inscrición.

Así, a través de diferentes obradoiros, unha visita guiada e un xogo de pistas os participantes coñecerán de primeira man a historia do pazo máis antigo de Galicia e de como era a vida nestes lugares.

Comentarios