Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Zas conciliou un verán de marcas

Zas conciliou un verán de marcas
Campamento_Urbano en Zas Campamento Urbano en Zas Unhas 400 familias de Zas tiveron ao oportunidade de conciliar algo mellor o eido laboral e familiar durante estas vacacións escolares. O programa "Zas no verán!”, que vén de pechar unha nova edición con récord de participantes, permitiu que uns 400 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos tivesen moitas mañás ocupadas, permitindo aos seus pais e nais poder traballar. Foi a deste ano a mellor marca de participantes nas actividades entre as que destacaron os campamentos urbanos e deportivos que se celebraron en cinco turnos diferentes repartidos entre os Centros Socioculturais de Zas e de Baio, cheos de actividades deportivas, culturais, ambientais e tamén de entretemento e convivencia. Houbo varias datas especiais, como o exitoso Día da Bici, no que participaron máis de 75 veciños e veciñas de diferentes idades, ou a excursión ao Aquapark, que levou a 65 nen@s de 8 a 16 anos a Cerceda. Outra das actividades que van en aumento en canto á participación e que este ano organizamos por terceira vez consecutiva son Os Venres a Pé. Foron tres andainas por distintos puntos de interese do noso concello. ”Un día nas Torres”, o campemento de Naturmaz ou a excursión ao Parque de Arte Ruprestre de Campolameiro, en Pontevedra, tamén foron citas singulares no verán zaseiro. Venres a pe en Zas Venres a pé en Zas Campamento de Zas en Naturmaz Campamento de Zas en Naturmaz Dia-da-bici en Zas Dia da bici en Zas

As piscinas municipais de Zas amplían o seu horario ata o 11 de setembro

Durante estes primeiros días de setembro, as piscinas municipais de Zas e Baio continuarán abertas. En concreto, o Concello de Zas alonga o horario ata o día 11 de setembro.

Desta forma amplíase nestas instalacións municipais a campaña de verán activa durante os meses de xullo e agosto para que toda a veciñanza poida continuar gozando do bo tempo que nos acompañará, previsiblemente durante os próximos días.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mais-de-1-000-persoas-participan-na-semana-cultural-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/carballo-tamen-concilia-as-duas-primeiras-semanas-de-setembro/

Comentarios