Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas dedica o Maio das Letras á rapazada

Maio Mes das Letras Galegas en Zas 2021
Zas dedica o Maio das Letras á rapazada

Comeza hoxe martes a programación “Maio, mes das letras” no Concello de Zas. Un programa con varias propostas culturais para os máis novos da casa, entre as que destaca o XII Concurso de Marcapáxinas para homenaxear a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021.

Estas son as actidades, para as que cómpre facer a reserva previa no número de teléfono 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).

  • 4 de maio: Contacontos e obradoiro de ilustración “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua” con Polo Correo do Vento. Centro Sociocultural de Baio. 18:00 horas
  • 11 de maio: Trinke Trinke Teatro tráenos ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) un contacontos teatral que leva por título “Festa da poesía das catro estacións”
  • 13 de maio: O Centro Sociocultural de Baio acolle ás 18:00 horas o contacontos infantil “Senlleiras”, de Pedro Brandariz
  • 18 de maio: De novo recibimos a visita de Trinke Trinke Teatro e desta vez será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio co seu contacontos “Festa da poesía das catro estacións”
  • 20 de maio: Pedro Brandariz volve ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) co seu espectáculo infantil “Senlleiras”
  • 21 de maio: Candido Pazó representará “Memorias dun neno labrego” no Centro Sociocultural de Baio. Esta é unha función dirixida ao alumnado do IES Maximino Romero que terá lugar ás 12:30 horas
  • 25 de maio: Polo Correo do Vento volve ao Centro Sociocultural de Zas (ás 18:00 horas) co seu espectáculo “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua”

Novas relacionadas

Comentarios