Venres. 19.04.2024
El tiempo

Zas destinará 29.100 € a axudas para estudantes

Zas destinará 29.100 € a axudas para estudantes
concello-de-zasO Concello de Zas vén de anunciar a convocatoria das axudas económicas por un total de 29.100 euros destinadas ao alumnado empadroado no municipio e escolarizados en ensinanza primaria e secundaria, bacharelato, ciclos formativos e en estudos de grao medio e superior. O obxectivo desta convocatoria, informan desde o concello, é a integración socio-laboral dos pais, nais, titores ou acolledores mediante o apoio ás familias que non poden afrontar o custo dos estudos. Os beneficiarios das axudas, que son compatibles con calquera outra que reciban por este concepto, son as familias do concello con menores recursos económicos. As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos tales como a capacidade económica familiar, o número de membros que integran a unidade familiar así como os méritos académico do/a alumno/a. Para o financiamento destas bolsas, o Concello de Zas destinará un máximo de 29.100 euros correspondentes ao orzamento de gastos para 2017. O prazo de presentación das solicitudes está aberto até o vindeiro 12 de decembro. Na páxina web do concello recóllese toda a información sobre a documentación e os impresos que se deben presentar no Rexistro Xeral do Concello para documentar a solicitude.  

Comentarios