Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas e Santa Comba prepáranse para o día da bici

Zas e Santa Comba prepáranse para o día da bici
É unha desas citas que non pode faltar na programación do verán. Así que os departamentos municipais de deportes de Zas e Santa Comba xa teñen en marcha para o día da bici. A primeira cita será xa este domingo en Zas, día no que os participantes realizarán un paseo polas terras do municipio nun percorrido duns 18 quilómetros de distancia e apto para toda a familia. O punto de saída será a Casa do Concello ás 10:00 horas e logo de percorrer varios puntos do municipio o paseo concluirá cunha merenda para todos os participantes. Para participar é necesario anotarse previamente chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. A inscrición é de balde e é obrigatorio o uso do casco. Ésta é unha cita que se enmarca no programa de conciliación laboral e familiar organizado polo concello de Zas e no que ainda quedan actividades moi interesantes tales como "Os venres a pé", unha excursión ao Aquapark de Cerceda e campamentos urbanos e deportivos no que queda de mes. Santa Comba E xa uns días despois, o domingo 26 de agosto, chegará o XXI día da bici de Santa Comba. Tamén ás 10:00 horas será a saída do pelotón que arrancará dende a Casa da Cultura. Os participantes recibirán agasallos polo que deberán anotarse previamente na oficina de deportes ou na C.D.M. de Fontenla, ou a través dos números de teléfono 981 10 30 34 e 627 968 411. É obrigatorio o uso de casco. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/chega-a-zas-e-a-muxia-un-veran-cheo-de-actividades/ Fonte

Comentarios