Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas pon en marcha un programa de obradoiros para a Semana Santa

Zas pon en marcha un programa de obradoiros para a Semana Santa
    Manualidades, xogos, cancións, contos,... son algunhas das actividades que se desenvolverán os días 10, 11 e 12 de abril nun programa especial "Semana Santa" que pon en marcha o concello de Zas - a través da concellería de Cultura - pensando na conciliación familiar durante este periodo de vacacións escolares. As actividades desenvolveranse nos centros socioculturais de Zas (en horario de mañá) e de Baio e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario anotarse previamente antes do 7 de abril en calquera dos centros socioculturais do municipio ou chamando aos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios