Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Zas prepárase para o I trail da Filloa que congregará a case 400 participantes

Zas prepárase para o I trail da Filloa que congregará a case 400 participantes
trofeos-trail-filloa Os usarios e usuarias de Aspaber encargáronse de realizar os trofeos que se entregarán no I trail da Filloa de Zas A poucas horas de que se pechen as inscricións (hoxe ás 12 horas) son case 400 as persoas anotadas para o I trail da Filloa de Zas. A organización, que corre da man da asociación deportiva Monte do Brondo e do concello de Zas, xa ten todo preparado para o evento que terá lugar este domingo, día 11, a partir das 9:30 horas. Incluso as 16 pedras que traballarán sen descanso para repartir filloas entre todos os participantes unha vez rematada a carreira. Deporte, paisaxe e gastronomía serán os ingredintes principais da convocatoria. Tamén xa están listos os trofeos que se entregarán ao final da proba. E diso encargáronse os usuarios e usuarias da asociación Aspaber - asociación de pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños - que transformaron en figuras os troncos da leña que se cortou para abrir algunhas das pistas polas que discorre o trail. Precisamente onte a entidade fixo entrega dos galardóns nun acto ao que asistiu o alcalde de Zas, Manuel Muíño. Recibirán o trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría, o máis veterano e o primeiro – tanto feminino como masculino – censado no concello de Zas. Tracks Os participantes xa poden descargar o trazado de cada un dos trails (un corto de 16 quilómetros e un longo de 26) a través da páxina web de Wikiloc. Os interesados en participar, poden inscrbirse antes das 12 horas de hoxe na páxina web de Galitiming. O prezo é de 12€ para o trail curto e de 15€ para o longo.   Máis información Novas relacionadas Fonte

Comentarios