Martes. 05.11.2024
El tiempo

Zas prepárase para vivir un mes de maio con moita letra

Zas prepárase para vivir un mes de maio con moita letra
maio mes das letras concello de zas O concello de Zas xa ten todo preparado para recibir o mes de maio. O mes das letras por excelencia. A concellería de Cultura, dirixida por Manuel García Velo, vén de presentar a programación cultural baixo o lema "Maio, mes das letras". Como vén sendo habitual, ao longo do vindeiro mes terá lugar o "consurso de marcapáxinas" dirixido ao alumnado de todos os centros de ensino do concello. Cada participante, que pode consultar as bases na páxina web do municipio, pode presentar un traballo único que terá como tema obrigatorio o día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Manuel María. Haberá tres categorías e os premios consisten nun lote de libros. Ademais, continúa a I Mostra de Teatro Afeccionado coa representación das obras elixidas. Para este sábado, día 30 de abril, está previsto que Tangatutanga, de Santiago de Compostela, presente no auditorio de Baio a obra "Que Deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A función comeza ás 21 horas. Ao longo do mes de maio terá lugar a representación do resto das obras seleccionadas así como a entrega de premios. Dentro do programa "Maio, mes das letras" tamén se inclúen unha serie de actuacións que terán lugar nos distintos centros educativos do concello. A primeira das citas é o 10 de maio no CEIP Labarta Pose, de Baio, onde actuará Larraitz Urruzola con "Babacontos con Manuel María". Ese mesmo día, ás 12 horas na biblioteca de Zas, a compañía Trinke Trinke representaraá "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", de Manuel María. Paco Nogueiras estaá o 12 de maio nos colexios de Zas (ás 10 horas) e no de Baio (ás 13 horas) co seu espectáculo musical "Brinca Vai, de aquí a acolá". Ao día seguinte, o 13 de maio, Avelino González levará os seus "Contos Literarios" ao CPI de Zas. O alumnado do IES Maximino Romero de Lema de Baio asistirá o 19 de maio á representación da obra "Go On" de Malasombra teatro. E por último, a compañía Trinke Trinke estará de novo o 24 de maio ás 18 horas na Axencia de Lectura de Baio.   Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios