Martes. 19.03.2024
El tiempo

Zas propón un outono de contos nas Bibliotecas

programacion outono bibliotecas do Concello de Zas
Zas propón un outono de contos nas Bibliotecas

Volve a actividade ás Bibliotecas de Zas para este ouotono. O novo programa inclúe unha serie de 13 espectáculos infantís, que se celebrarán ás 18:00h e que, polos protocolos requiren inscrición previa no Centro Sociocultural de Zas (polas mañás no 981 751 398) ou no de Baio (polas tardes no 981 718 056).

Esta é a serie de espectáculos:

  • Martes, 29 de setembro: “Coñecendo a Carvalho Calero”, con Polo Correo do Vento, na Axencia de Lectura de Baio.
  • Martes, 6 de outubro: “Pedrina na montaña”, con Soraya Lema, na Axencia de Lectura de Baio e “Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras” , de Berrobambán, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Xoves, 8 de outubro: Bandullo Azul traénos “C@nta Contos - Filipa cos contos” na Axencia de Lectura de Baio.
  • Martes, 13 de outubro: “Somos iguais na maxia”, con Ian&Elisa, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Xoves, 15 de outubro: “Miña casa, meu lar”, con Caxoto Contacontos, na Axencia de Lectura de Baio.
  • Martes, 20 de outubro: “Contos de michos”, con Pedro Brandariz, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Xoves, 22 de outubro: “Aprendendo a querer”, con Trinke Trinke Teatro, na Axencia de Lectura de Baio.
  • Martes, 27 de outubro: “Aprendendo a querer”, con Trinke Trinke Teatro, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Xoves, 29 de outubro: “Mario pensaba que o galego non servía para nada”, de Polo Correo do Vento, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Martes, 3 de novembro: “Viaxe pola Galicia encantada”, de Trinke Trinke Teatro, na Biblioteca Municipal de Zas.
  • Mércores, 11 de novembro: “Planeta LGTB”, de Caxoto Contacontos, na Axencia de Lectura de Baio.
  • Martes, 17 de novembro: “Viaxe pola Galicia encantada”, de Trinke Trinke Teatro, na Axencia de Lectura de Baio.
  • Mércores, 25 de novembro: “Planeta LGTB”, de Caxoto Contacontos, na Biblioteca Municipal de Zas.

Comentarios