Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas recibe a Semana Santa con obradoiros para os máis pequenos

Zas recibe a Semana Santa con obradoiros para os máis pequenos
obradoiro semana santa zas O próximo venres, 18 de marzo, é o prazo límite para que os nenos e neas de entre 5 e 12 anos do concello de Zas se apunten nos obradoiros de Semana Santa que terán lugar nos centros socioculturais de Baio e de Zas. Dentro das actividades ofertadas polo concello de zasense inclúense manualidades, xogos, contos, música e teatro que se levarán a cabo luns, martes e mércores da vindeira semana (21, 22 e 23 de marzo). Os obradoiros serán en horario de mañá (de 11 a 13 horas) no centro sociocultural de Zas e de tarde (de 16 a 18 horas) no de Baio. A inscrición é de balde. Os interesados poden obter máis información nos teléfonos 981.751.398 e no 981.718.056. A Semana Santa encherá a Costa da Morte de artesanía -coa tradicional mostra de Encaixe de Camariñas e coa feira Víndemo Ver de Carnota - deporte e de ofertas musicais, principalmente nas festas do Cristo de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios