Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas volverá solicitar a declaración da Festa da Carballeira como Festa de Interese Turístico de Galicia

Zas volverá solicitar a declaración da Festa da Carballeira como Festa de Interese Turístico de Galicia
Unha imaxe da tradicional festa, anterior aos anos 80. antes mesmo de que a A.C. Castro Meda recuperase a cita Unha imaxe da tradicional festa, anterior aos anos 80. antes mesmo de que a A.C. Castro Meda recuperase a cita Así o decidía hoxe o pleno ordinario do Concello de Zas. A corporación, aprobou por unanimidade, unha moción pola cal o Concello vai solicitar á Xunta de Galicia a declaración da Festa Carballeira de Zas como Festa de Interese Turístico de Galicia. En todo caso, esta non é a primeira vez que se fai a solicitude polo que “desta vez agardamos que consigamos que a Festa da Carballeira de Zas sexa declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia”, sinalou o alcalde Manuel Muíño. Falamos dunha festa tremendamente singular, cunha tradición histórica de arraigo e compromiso ca terra, que este pasado verán celebrou, nada menos que a súa 35ª edición. Foi ou exemplo máis da maxia que se xera nun dos escenarios naturais máis auténticos de Galicia, como é o da carballeira de Velar, polo que levan pasado referentes da música folk do panorama nacional e internacional, e que ademais xa é un dos centros da música tradicional galega.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-maxia-principal-estimulo-doutra-exitosa-carballeira-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/unha-viaxe-as-orixes-da-festa-da-carballeira-de-zas/

Comentarios