Luns. 20.05.2019
El tiempo

A zaseira Mónica Martínez, posible candidata de Ciudadanos pola Coruña

Mónica Martínez presentou a Gala do Día dos Medios en Galego o pasado 2 de febreiro
Mónica Martínez presentou a Gala do Día dos Medios en Galego o pasado 2 de febreiro
A zaseira Mónica Martínez, posible candidata de Ciudadanos pola Coruña

A xornalista zaseira, e boa amiga da familia QPC, Mónica Martínez, podería ser a próxima candidata de Ciudadanos para as eleccións municipais de 2019 na cidade da Coruña.

A Xunta Directiva local presentaba esta semana a súa candidatura, que ten que pasar a aprobación do Comité galego e despois o nacional.

Despois do seu paso pola TVG, por Antena 3, e polo finado Xornal. Mónica leva varios anos no mundo audiovisual, levando o peso empresarial dunha produtora.

Compaxina esta actividade coa de presentadora de eventos. Así, nos últimos meses xa dirixiu a Gala do Día dos Medios en galego en Pontevedra, a gala de entrega dos Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos ou a Gala de presentación do Álbum da Costa que organizou QPC.

Novas relacionadas

Comentarios