Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Manuel Vilar
Manuel Vilar

Natural de Muxía, é licenciado en Xeografía e Historia e máster en Xestión de Patrimonio Cultural. O seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que se realizou en 2012 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) con motivo do terceiro centenario do arquitecto Domingos Antonio de Andrade, ou a realizada no 2006 sobre a figura de Antonio Fraguas. Tamén formou parte dos equipos dos arquitectos Crecente Asociados e César Portela nos traballos de delimitación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, do Plano Director da Península do Cabo de Fisterra e do Plano Director do Monte de Santa Trega, Camiño Inglés e Camino Lebaniego, entre outros. Igualmente é autor de diferentes publicacións sobre estes temas, así como sobre A Costa da Morte e o camiño de Santiago, especialmente o de Fisterra e Muxía. Un traballo, titulado El camino al fin de la tierra, mereceu, no ano 2010, o premio da Asociación Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de los Caminos Jacobeos. Actualmente é profesor de Historia no ensino secundario.