mércores. 14.05.2025
El tiempo

Evento

Andaina con arte

20/ago./2017 a 20/ago./2017
10:00 h a 6:00 h
Camelle
Andaina con arte
Moza da Costa da Morte retratada por Ruth Matilda Anderson-Fonte-Historiadegalicia Moza da Costa da Morte retratada por Ruth Matilda Anderson-Fonte-Historiadegalicia

Impresionantes son as estampas que cazou Ruth Matilda Anderson na súa viaxe pola Costa da Morte aló polo 1924. E impresionante é o legado que nos deixa o alemán Manfred Gnädinger en Camelle. Ambos son protagonistas da nova viaxe pola paisaxe a través do “Ciclo Monumenta. Andar con Arte”, a través da cal a Xunta pretende recuperar a nosa historia.

Un programa que se centra nunha andainda, que se partirá este domingo 20 de agosto ás 10:00h do Museo de Man. O artista será o primeiro protagonista coa visita á Casa do Alemán onde se conserva parte do seu legado, emais á súa casa-museo, que segue esfolándose. Ademais seguiranse os pasos Ruth Matilda Anderson, que chegou a Galicia en 1924 para documentar a realidade social do país, por encargo da Hispanic American Society.

Esta viaxe no tempo pola paisaxe natural e cultural da Costa da Morte estará guiada pola conversa dos artistas plásticos Carmen Hermo e Ángel Cerviño, do fotógrafo Anxo Cabada e mais do antropólogo Manuel Vilar, camiñantes convidados desta xornada.

Inscricións á Andaina

É necesaria a inscrición previa, e hai prazas limitadas a 55 persoas. Poden facelo antes do 17 de agosto. Admisión por orde de inscrición en info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios