![]()
O próximo sábado 29 o lugar de Mosquetín (Salto – Vimianzo) rememorará tempos de alegres muiñadas e de esforzado abatanar cunha xornada moi especial, así a habitual visita guiada dos sábados ás 13 horas será nesta ocasión teatralizada e o seu remate iniciarase unha foliada popular. A asociación vimiancesa da Trubisquiña animará o lugar coas súas gaitas e pandeiretas, mais con todo e dende a organización do evento, animan a todos os interesados a acudir co seu instrumento para sumarse a festa, ademais do cadanseu aperitivo para continuar co xantar popular á beira do río Grande, máis tarde o grupo tradicional Do Fondo do Peto continuará a brincadeira a partires das 16:30.
En definitiva tratase dunha xornada festiva, para recordar entre todos os ritmos e modos de vida dun pasado recente e celebrar a tradición e o folclore nun espazo tan privilexiado e vinculado á cultura popular como o conxunto etnográfico do Mosquetín.
A actividade desenvólvese dentro do programa cultural de verán “Vimianzo, historia viva” que cada fin de semana destaca a memoria e os valores patrimoniais dos distintos recantos do municipio.