mércores. 14.05.2025
El tiempo

Evento

Venres no Esteiro do Anllóns

04/ago./2017 a 04/ago./2017
6:00 h a 6:00 h
Venres no Esteiro do Anllóns
Este venres 4 de agosto, Cabana organiza unha xornada de deporte e cultura no Esteiro do Anllóns, con actividades para nenos, sesión ornitolóxica, literaria, gastronómica e musical.

A partir das 15:30 h haberá actividades náuticas e xogos (kaiaks, volei praia, fútbol praia...) na Praia do Pendón e máis tarde, a partir das 18:00 h coa colaboración da Entidade Ambiéntal Senda Nova, levarase a cabo unha observación ornitolóxica guiada a cargo de Jose Luis Rabuñal, no mirador da Casa de Vela. Despois presentarase o libro “Costa da Morte. Crónica marítima” de Rafael Lema, e os asistentes poderán gozar dunha degustación de empanada de berberechos do Anllóns elaborada polo cociñeiro Félix Castiñeira. E para finalizar, xa pola noite, “A Trova Coruñesa” dará un concerto de música mariñeira, habaneras e boleros.

Comentarios