2 comentarios
Señor un calquera.
Pois parece que tes moito en contra dos pequeños autónomos hoateleiros,son os que están aportando postos de traballo e nestes momentos tan críticos que todo o mundo ta pasando quedan sin paro xa que non lle pertenece e aguantar du negocio fechado posiblemente todo o ano. E uste que tanto fala seguro que esta traballando nestes momentos ou cobrando o paro. E se non tes un negocio de hostelería ou de calquera outra cousa arriésgate invierte paga impuestos e despois que funcione. Ta claro que todos temos que aportar no que podamos. Pero gustariame que fostes o paro e que non che paguen que os cartos fan falta pa sanidad,aver como susistias, e moi fácil criticar pero ponte no lugar de moitos coma eles que non leven tantos (recors) un saludo e se consciente do que falas,non teñas envidia luchao coma eles 👍👍
Que como van afrontar a crise? Pois terán que afrontala coma todo Cristo. Sexamos realistas. Todos estes que falan aquí son privilexiados desde un punto de vista económico. Si, son autónomos ou pymes pero levan anos batendo récords de beneficios e ampliando negocio. Algúns deles ademáis son expertos en subvencións a fondo perdido. En breve veremos como algún se acolle a algunha subvención con fondos europeos que sempre acaban nas mesmas mans. Falta a opinión de Pepe Formoso para rematar a faena. Outra cousa distinta son a multitude de pequenos bares, pensións, restaurantes, etc que viven ao día. Eses son os que XA as están pasando putas.
Falan de ERTEs e autónomos pero, excepto Marcos Traba, ningún se acordou do mal que o van pasar os seus traballadores, os que realmente van pagar as consecuencias económicas desta crise. Despois dirán que sí, que manipulamos as súas palabras, bla, bla, bla... Os traballadores de hostelería están en precario por sistema. Ou somos parvos? Reveladora é a opinión do tal Pablo Canosa con respecto ás axudas. O tema das axudas é nefasto, di o individuo. Os demáis polo menos van con tento. Van analizalas, hai que esperar a ver como evoluciona isto, hai que entender que estamos nunha situación extremadamente complicada, etc. Pero o individuo este non. Este ten as ideas claras. A el o que lle interesa e a plata e punto. Sin contemplacións. As medidas son nefastas e xa está. Pensas que van ser mellores noutros sectores, lumbreras? Ti sabes o que é verte na rúa ou non ter dabondo para os teus fillos? A xente coma el vai seguir coma se nada. Este ano ingresaron menos. Nada máis. Busco en internet e vexo que está na tal CMAT. Manda carallo, outro chiringuito. Mentres escribo isto chéganme noticias de Madrid. A situación xa é dramática. Aínda non saen certas cousas nos medios para non alarmar máis. Médicos chorando porque están totalmente desbordados. Xa non hai respiradores para todos os pacientes e hai que tomar decisións a vida ou morte... TERRIBLE.
NON É O MOMENTO DE PEDIR, OSTIA. É O MOMENTO DE ARRIMAR O OMBREIRO. Están TODOS os países desbordados. As medidas varían duns a outros. Como non van variar? Son países diferentes, con distinto PIB, distinta débeda, distintos sectores estratéxicos. Ata a Merkel está asustada. NINGUÉN ten a variña máxica e isto non é a China nin falta que fai.
Agora só existe unha prioridade: as axudas teñen que ir a toda costa para o sector sanitario. E logo, despois, cando pase o perigo, xa se verá o que se pode facer polos negocios. Xa se entrará na discusión política. Imos pasalo moi mal? Si. Haberá que loitar outra vez. Empezar de novo. O que faga falta. Non é o momento de preguntar o que o teu país pode facer por ti. É o momento de preguntar o que tí podes facer polo teu país, pola xente que está ao límite.
E cando todo isto pase, despois, fala de política e vota. Vota a quen te represente mellor. Eu téño claro a quen non vou votar: a quen sistematicamente, pouco a pouco, vai privatizando todo e desmanelando a sanidade pública.
Espero equivocarme, pero como non atopen unha vacina pronto imos ver os efectos devastadores do coronavirus na USA do capitalismo salvaxe, por se ese ó modelo ao que aspiramos.
ÁNIMO A TODOS/AS.